Fin de semana rugbeiro en Monteporreiro e Arteixo

Publicado el 23 de octubre de 2025, 11:04

Os nosos peques participaron na concentración organizada por Zalaeta en Arteixo.

Fomos o terceiro equipo con máis xogadores de toda Galicia! Vivíronse partidazos en todas as categorías. Que orgullo velos gozar e sentir a intensidade do rugby!

Na casa, a Academia xogou a 4ª xornada de Liga cos equipos M16 e M18 contra o CR Ferrol. Dous encontros duros, igualados ao comezo, pero os Mareantes souberon reaccionar e amosar todo o seu potencial na segunda parte.

Ambos equipos blanquinegros seguen INVICTOS esta tempada!

O M18 recibiu a visita do seu patrocinador principal, *100%agua*, unha empresa que aposta por mellorar a calidade de vida e polo deporte local. Grazas por confiar en nós!, non vos defraudaremos no campo

A campaña de captación da EDM do Concello de Pontevedra rematou con 64 nen@s que xa forman parte do proxecto. Pero o Mareantes segue coas portas abertas para quen queira probar este deporte espectacular. Contacta connosco no 609 347 446 ou mareantesrugby@gmail.com

Máis novidades a vindeira semana…

Quen chega antes? MAREANTES

#RugbyGalicia #MareantesRugby #Monteporreiro #RugbyBase #DeporteConValores #Invictos #RugbyLife #OrgulloMareante #100%agua

@pontevedrate

 

www.mareantesrugbypontevedra.es

 

 

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios