Esta fin de semana gozamos dunha nova xornada de rugby cos nosos equipos da Academia e Senior 🏉🔥

Publicado el 23 de octubre de 2025, 11:10

O sábado pola mañá, os M14 desprazáronse ao magnífico campo do Santiago/Ourense RC no campus universitario. Xunto aos nosos amigos de Os Ingleses Rugby, amosaron unha clara melloría no xogo. Sempre dixemos que o obxectivo é progresar día a día, e o sábado vimos os primeiros brotes verdes . Gran partido e vitoria para os Mareantes

Os M16 fixeron un xogo brillante , con dianteiros e tres cuartos tirando de creatividade. Vimos mauls, drops e moitas accións de calidade. Este equipo segue invicto

Os M18 non puideron xogar por incomparecencia dos seus rivais, afectados por lesións producidas nas ultimas xornadas. Desexámoslles unha pronta recuperación. Temos un gran respecto por este equipo co que fixemos un gran grupo hai dúas tempadas

O domingo, os Senior viaxaron a Rianxo co Barbanza RC para enfrontarse ao CRAT, líder da categoría . Partido moi esixente, pero os nosos comezaron fortes e con boas sensacións . O xogo mais compacto en tódalas liñas e a profundidade de banquiño do CRAT acabou marcando diferenzas, pero seguimos medrando

A Escola continúa os adestramentos a bo ritmo , e sempre temos as portas abertas para quen queira probar o rugby

Esta fin de semana, máis rugby en Monteporreiro.

Quen chega antes? MAREANTES

#enceplansocialpontevedra

www.mareantesrugbypontevedra.es

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios